Publicador de contidos
Publicador de contidos

Extinguido tras doce horas o incendio de Tui que obrigou a desaloxar varios edificios

Extinguido tras doce horas o incendio de Tui que obrigou a desaloxar varios edificios

O incendio iniciouse nun garaxe, que quedou totalmente estragado

Non houbo danos persoais, pero a veciñanza pasou a noite fóra dos seus domicilios

O incendio foi sufocado por un amplo operativo/EFE
G24.gal 10/01/2025 10:35

O incendio que obrigou a desaloxar varios edificios durante a tarde deste pasado xoves en Tui foi extinguido polos profesionais de emerxencias tras doce horas de intenso traballo. Tivo lugar na céntrica rúa Mondoñedo de Tui na que moitos comercios locais non poderán abrir este venres por mor do fume.

As lapas calcinaron un garaxe comunitario e un vehículo estacionado no seu interior, ademais de varios obxectos e materiais. O fume afectou a tres edificios mais sen ter que lamentar danos persoais. Así e todo, a veciñanza tivo que pasar a noite fóra dos seus domicilios e aínda teñen fume nos seus fogares. Entre os desaloxados atópase unha muller con mobilidade reducida.

"Aínda que puxen o extractor, o fume non marchou da miña casa. O edificio está igual. Dixéronos que o fume non é tóxico pero agora hai que limpar todo porque sigue cheirando", declara Esther, unha das veciñas afectadas.

Foi sobre as 17:50 horas cando o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recibiu as primeiras chamadas de alerta de varios particulares que informaban de que saía moito fume dun garaxe da rúa Mondoñedo. Así, acudiron os bombeiros do Porriño, Ponteareas e O Morrazo, que contaron coa colaboración de medios portugueses. Ademais, tamén se desprazou ao momento Urxencias Sanitarias de forma preventiva, así como a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil. 

"O meu coche sigue dentro do garaxe, pero os bombeiros recomendáronnos non sacalos aínda se non era necesario. Puido ser peor, menos mal que non houbo danos persoais", conta Rocío, tamén veciña da rúa Mondoñedo.

Esta madrugada, os bombeiros do Porriño e do Salnés acudiron de novo ao momento para revisar e refrixerar os restos do lume. Así mesmo, pasadas as 08:30 horas desta mañá, os bombeiros tiveron que volver desprazarse ao momento, debido a que continuaba saíndo fume do garaxe. Segundo indicaron, debido á magnitude do lume, é probable que o fume continúe durante varios días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade