Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cadaleitos con motivos xacobeos ou un Tesla fúnebre, novidades en Funergal

Cadaleitos con motivos xacobeos ou un Tesla fúnebre, novidades en Funergal

Expourense recibe os profesionais do sector funerario no que traballan en España máis de 12.000 persoas e que factura 1.700 millóns de euros ao ano

O 15 % das empresas funerarias españolas están en Galicia, a maioría na provincia de Ourense

Colección de ataúdes do Xacobeo, en Funergal
G24.gal 19/05/2022 14:39

En España hai máis de mil empresas funerarias que lles dan traballo a 12.500 persoas, e 170 están en Galicia. Na provincia de Ourense, traballan algunhas das fábricas de ataúdes máis importantes do país, coma Ataúdes Gallego, que exporta 7 de cada 10 caixas que produce e que acaba de sacar unha colección do Camiño Portugués con motivo do Xacobeo.

"Estamos en América Latina, entrando en Europa, Portugal, África... abrindo cada vez máis mercado", explica Eduardo Gallego, xerente da empresa.

É un sector que representa o 0,4 por cento do PIB. No ano 2020, o peor da pandemia, facturou 1.700 millóns de euros.

Sacar adiante o traballo no peor da pandemia

Alberto Ortiz, presidente de PANASEF, patronal funeraria española: "Se falamos dun 40 % máis de falecementos, poñamos por caso, non é máis dun 15 % de rendibilidade respecto ao normal. Non foi un gran negocio, nin queriamos selo. Para nós o importante é que non caese o servizo".

O impacto da pandemia é un dos aspectos que abordan nesta feira, non tanto desde a perspectiva económica, como de cambio de hábitos sociais.

Jose Becerra, presidente da Federación Galega de Servizos Funerarios: "En incineracións seguimos sendo das comunidades onde menos hai de España, polo noso culto á morte, pero está crecendo bastante. Debemos estar xa preto do 30 %".

Unha das novidades da feira foi un vehículo: o primeiro Tesla funerario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos