Publicador de contidos

Publicador de contidos

Expourense acolle o Salón do automóbil de ocasión

Expourense acolle o Salón do automóbil de ocasión

Catrocentos coches á venda con ata un 30 por cento de desconto

G24.gal 07/05/2022 21:23 Última actualización 07/05/2022 21:54

Catrocentos vehículos de quilómetro cero ou de ocasión con ata un trinta por cento de desconto. É a proposta que ofrecen distintos concesionarios durante esta fin de semana en Expourense. As esperas de varios meses para comprar un coche novo impulsan as vendas destes vehículos que se entregan case de xeito inmediato.

"Neste momento nos vehículos novos temos un problema de abastecemento, que fai que os prazos de entrega sexan moi prolongados. Aquí teñen a oportunidade de ver un vehículo e levalo case no momento." comenta un dos vendedores.

Contan dende os concesionarios que os vehículos preferidos polos clientes son os SUV, os utilitarios deportivos, que son os que concentran boa parte das compras destes días. 

"O SUV é realmente o coche máis demandado, non quere decir que non veñan tamén por utilitarios ou berlinas, pero o SUV é un coche que sí ten tirón."

O coche máis barato vendeuse por pouco máis de oito mil euros, o máis caro é un modelo Alpine que supera os oitenta mil. O salón abre as súas portas de xeito ininterrumpido tamén durante a xornada do domingo.                                                                                                                                          

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade