Exposición de traxes orixinais femininos do XIX e XX en Quiroga
É o resultado do traballo de investigación e recompilación do Colectivo Traxandaina
Teresa e o seu home levan máis de vinte anos investigando no traxe tradicional galego.
Fóronse facendo coas pezas antigas orixinais que atoparon e agora teñen un coñecemento pleno das vestimentas que se usaban en Galicia a finais do dezanove e principios do vinte, antes de que os tecidos industriais invadisen o espazo dos artesanais. É unha recompilación laboriosa e difícil de facer.
A exposición itinerante está agora en Quiroga, reforzando a difusión das vilas polas que transcorre o Camiño de Inverno.
Entre as vestimentas expostas, hai algunhas pezas de museo.
O único traxe masculino que hai na exposición é unha reprodución baseada nunha fotografía antiga, fonte, xunto cos cadros costumistas de Sotomayor ou Sobrino, da indumentaria da época.