Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacúan unha muller de Miño tras unha posible intoxicación de gas

Evacúan unha muller de Miño tras unha posible intoxicación de gas

A causa máis probable foi unha mala combustión do quentador da vivenda

Para evitar incidentes, os expertos aconsellan instalar detectores

G24.gal 13/01/2026 14:47

Aconteceu nun inmoble da rúa Real de Miño. Ata o lugar desprazáronse rapidamente os servizos de emerxencias tras seren alertados, contra as tres da mañá, polo 112. 

"Cando entramos na vivenda, as ventás xa estaban abertas e a bombona mais a chave de paso do quentador, pechados. E verificamos que todo estaba dentro dos perímetros normais", explica José Manuel Pérez, xefe do parque de bombeiros de Betanzos.

No interior da vivenda afectada había catro persoas que presentaban síntomas de mareo.

"A muller foi evacuada ao centro hospitalario mentres que o marido e os dous nenos non precisaron traslado", engade Pérez.

Para evitar calquera incidente, os expertos en seguridade e servizos de emerxencias insisten na importancia de instalar detectores de calor, fume ou monóxido de carbono. Son pequenos dispositivos, que roldan os vinte euros, doados de colocar e que poden salvar vidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade