Cargando resultados...
O gromo de salmonela no IES Elviña suma 68 persoas afectadas, con 17 positivos e tres ingresadas
Sanidade mantén aberto o estudo epidemiolóxico
G24.gal
15/01/2026 21:16
O gromo alimentario detectado no IES Elviña, na Coruña, afecta xa 68 persoas.
Dezasete delas deron positivo por salmonela e tres permanecen ingresadas, segundo informou a Consellería de Sanidade.
O alumnado afectado pertence a distintos cursos do centro.
Os síntomas máis habituais que están a sofrer son vómitos, diarrea e febre.
As autoridades sanitarias sospeitan que a inxesta dunha tortilla puido estar na orixe da infección.
Segundo a investigación, o produto consumiuse entre os días 8 e 9 de xaneiro durante a hora do recreo.
O instituto non dispón de comedor, pero si de cafetería, que permanece pechada de forma preventiva.