Publicador de contidos

Publicador de contidos

A calor continúa este sábado con alerta laranxa: consulta os concellos afectados

A calor continúa este sábado con alerta laranxa: consulta os concellos afectados

Espérase unha máxima de 38 graos en Ourense

G24.gal 12/06/2026 21:14 Última actualización 12/06/2026 21:24

Segundo a predición de Meteogalicia, a calor continuará este sábado, cando se esperan ceos practicamente despexados ou con nubes altas, que evolucionarán ao longo das horas co crecemento de nebulosidde no interior, que podería dar lugar a chuvascos treboentos.

Os termómetros marcarán valores similares aos deste venres. Así, espérase unha máxima de 38 graos en Ourense, e o resto de Galicia oscilará entre os 33 graos previstos en Santiago ou Lugo, e os 30 graos previstos na Coruña.

Para este sábado está activado o aviso amarelo por calor nas horas centrais do día nas áreas regadas polo Miño en Ourense e Pontevedra, na comarca de Valdeorras e no sur de Lugo. Tamén está activo o aviso por treboadas nas zonas de montaña de Ourense e Lugo.

No marco do plan de actuacións da Xunta fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, este sábado o nivel de alerta será 2 (laranxa). por episodio de calor na zona interior de Pontevedra.

Ademais, segundo os datos enviados por MeteoSaúde e Meteogalicia, o episodio de calor estará o sábado en nivel 2 (laranxa) nas zonas isoclimáticas do interior da Coruña e actívase o nivel 1 (amarelo) nas zonas do oeste da Coruña e suroeste da Coruña.

 

Con iso, o nivel de alerta laranxa afectará aos concellos de Agolada, Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Na Coruña, os afectados serán Ames, Aranga, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes de García Rodríguez, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vilasantar.

O nivel 1 (amarelo) declárase nos concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo, Zas, Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, O Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade