Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un gromo de salmonelose afecta seis persoas no instituto de Elviña, na Coruña

Un gromo de salmonelose afecta seis persoas no instituto de Elviña, na Coruña

Uns 50 alumnos consumiron o alimento sospeitoso no recreo

G24.gal 14/01/2026 18:36 Última actualización 14/01/2026 18:54

Seis persoas resultaron infectadas por salmonela nun gromo detectado no instituto de Elviña, na Coruña.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, as análises realizadas confirman seis positivos entre uns 50 alumnos.

Un dos pacientes permanece hospitalizado.

Os estudantes, pertencentes a todos os cursos, presentan síntomas como vómitos, diarrea e febre.

Un estudo epidemiolóxico iniciado por técnicos da Consellería de Sanidade da Xunta na Coruña apunta a unha intoxicación alimentaria supostamente por consumo de tortilla.

O centro non dispón de comedor, pero si dunha cafetería, que permanece pechada.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade