Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evacuan a través dunha xanela cinco persoas por un incendio nun edificio de Vilagarcía

Evacuan a través dunha xanela cinco persoas por un incendio nun edificio de Vilagarcía

A orixe do lume foi o cuarto de contadores do bloque de doce andares

Cinco persoas foron atendidas no lugar, pero non requiriu ningunha de hospitalización

G24.gal 17/04/2024 14:29 Última actualización 17/04/2024 19:23

Un total de cinco persoas foron evacuadas a través dunha xanela con motivo dun incendio no edificio Procoarsa no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.

Segundo informou o 112, foi arredor das 12:00 horas deste mércores cando varios particulares informaban dun cadro eléctrico ardendo e, en consecuencia, da presenza de fume nas escaleiras do edificio situado na avenida de Cambados.

A central de emerxencias deu aviso aos Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, aos axentes da Policía Nacional e Local, ao Servizo de Emerxencias de Vilagarcía e aos efectivos de Protección Civil. Por esta razón, os servizos de emerxencias axudaron aos inquilinos para abandonar as súas vivendas.

O incendio está totalmente controlado e os servizos sanitarios atenderon no punto cinco persoas, aínda que non foi necesario o traslado de ningunha delas.

Ao parecer, a orixe do lume foi o cuarto de contadores e, en consecuencia, viuse afectado todo o edificio e algúns dos pisos por fumes e gases.

Ningunha persoa resultou ferida e só foi necesario atender no lugar ao operario que traballaba no eléctrico e ás persoas desaloxadas pola fachada para comprobar que estaban ben.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade