Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuados unha muller e un menor tras declararse un incendio na súa casa en Arteixo

Evacuados unha muller e un menor tras declararse un incendio na súa casa en Arteixo

As lapas orixináronse nun televisor vello e propagáronse polos mobles da vivenda

Dotación de bombeiros/Arquivo Dotación de bombeiros/Arquivo
G24.gal 19/03/2023 17:53 Última actualización 19/03/2023 18:01

Unha muller e un menor foron evacuados este domingo tras declararse un incendio na rúa Ángel del Castillo López, en  Arteixo.

lume orixinouse nun televisor antigo sobre as 11:00 horas e estendeuse aos mobles da peza, informou o 112 Galicia. Os servizos de extinción precisaron apagar as lapas e proceder a ventilar a vivenda ante a densa fumareda orixinada polos distintos cuartos da casa. Foi un veciño o que alertou a central de emerxencias de que vía saír fume do interior do inmoble.

Con esta información, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Arteixo. Ao lugar tamén acudiron axentes da Policía Local e efectivos de Protección Civil de Arteixo.

Como consecuencia do fume, a muller e o menor tiveron que ser trasladados polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade