Cargando resultados...
Un vixilante do hospital de Oza perde parte dunha orella pola dentada dun paciente
O garda intentaba inmobilizado para conter a súa conduta agresiva
G24.gal
14/12/2025 20:45
Última actualización 14/12/2025 22:04
Un dos vixilantes de seguridade do hospital de Oza da Coruña perdeu parte dunha orella por unha dentada dun paciente da área de psiquiatría.
Sucedeu cando intentaba inmobilizar o enfermo para conter o seu estado de agresividade.
O garda precisou medio cento de puntos de sutura. Os sindicatos USO e UXT esixíronlle ao Sergas que adopte medidas inmediatas para evitar novas agresións.
Desde a área sanitaria A Coruña-Cee lamentaron o suceso e confirmaron que están investigando o caso.