Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta licita por 33,5 millóns de euros a ampliación do Hospital da Mariña

A Xunta licita por 33,5 millóns de euros a ampliación do Hospital da Mariña

Tras a reforma, o hospital de Burela duplicará a súa superficie orixinal

As empresas interesadas teñen de prazo ata o 21 de abril para presentar as súas ofertas

Arquivo Arquivo
G24.gal 17/03/2026 12:44

A Consellería de Sanidade publicou este martes no Portal de Contratos Públicos de Galicia a licitación das fases 2 e 3 das obras de reforma e ampliación do Hospital Público da Mariña, ás cales a Xunta vai destinar 33.565.265 euros.

Con estas dúas novas fases ampliarase noutros 3.000 metros cadrados a superficie total do hospital, nunha actuación que se sumará á primeira parte das obras, xa finalizada e na cal a Xunta gastou 12,5 millóns de euros.

Deste xeito, o hospital de Burela contará cun 50 % máis de superficie da que tiña inicialmente cando foi construído.

Ademais, será reformados espazos hospitalarios que ocupan preto de 9.500 metros cadrados.

As empresas interesadas nesta licitación teñen de prazo ata o 21 de abril para presentar as súas ofertas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade