Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fabiola García destaca as políticas de conciliación na fin da viaxe por América Latina

Fabiola García destaca as políticas de conciliación na fin da viaxe por América Latina

A conselleira recordou que unha das prioridades da Xunta é ofrecer facilidades a todas as familias, as que xa residen e as que queren iniciar os seus proxectos de vida na comunidade

G24.gal 02/05/2026 20:12

​A conselleira de Política Social, Fabiola García, puxo fin a viaxe institucional de cinco días por América Latina cun encontro con centos de galegos da Arxentina.

Fabiola García agradeceu o bo recibimento por parte de todas as entidades e salientou o labor que realizan. Ademais, destacou ademais as iniciativas creadas para facilitar a conciliación familiar e que sitúan a Galicia como referente e puxo en valor o modelo de coidados e atención aos maiores.
 

 

Neste encontro tamén estivo o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López, e contou coa participación do presidente da Xunta, a través dun vídeo, no que agradeceu a toda a colectividade o seu esforzo por manter vivos os vínculos con Galicia.

A conselleira recordou que unha das prioridades da Xunta é ofrecer facilidades a todas as familias, as que xa residen e as que queren iniciar os seus proxectos de vida na comunidade, e que se traduce en iniciativas como a gratuidade da educación infantil. Así pois, explicou que Galicia é o único territorio de España que ofrece educación 0-3 de balde para todas as familias e en todas as escolas. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade