Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estudantes de Ourense compiten na final dun concurso de Manos Unidas

Estudantes de Ourense compiten na final dun concurso de Manos Unidas

O proxecto dos alumnos das Carmelitas de Ourense foi seleccionado entre un milleiro de propostas de toda España

É o único colexio galego entre os 10 finalistas

O sábado viaxan a Madrid para asistir á gala onde se coñecerán os gañadores

G24.gal 05/05/2023 13:18

O xogo das palabras encadeadas serviulles de inspiración e de fío condutor para un vídeo co que acaban de chegar á fase final do concurso de Manos Unidas.

"Todas as palabras conteñen a letra a". "Colaborar, axudar...". "Cada palabra relacionábase cun obxecto que tiñamos que traer: botellas, tápers...", explican os estudantes.

A finalidade do proxecto era reflexionar sobre os obxectivos de desenvolvemento sustentable, que podemos facer para coidar do planeta. Unha actividade diferente que, ao mesmo tempo, lles facilita a aprendizaxe.

"Márcalles moitísimo máis o vídeo. Estas palabras a eles quédanlles gravadas na memoria aínda que non gañen o premio, máis que estudalas nun libro ou nun caderno", di Laura Valcárcel Márquez, profesora das Carmelitas de Ourense.

O sábado celébrase en Madrid a gala na que se darán a coñecer os premios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade