Cargando resultados...
Estrella Galicia construirá no Brasil a súa segunda fábrica no mundo, que se engade á da Coruña
Investirán 300 millóns de euros e agardan crear 400 empregos.
Fábrica de Estrella Galicia na Coruña
G24.gal
26/11/2021 08:13
Estrella Galicia anuncia a construción da súa primeira fábrica fóra de España. Será no Brasil. Investirán 300 millóns de euros e agardan crear 400 empregos. A previsión é que se inaugure en 2023.
Sitúase en concreto no Estado de São Paulo, que conta cunha subministración de auga de excelente calidade, algo imprescindible para a elaboración das cervexas, segundo explicou a compañía. Prevén fabricar 300 millóns de litros anuais.