Cargando resultados...
Esther Castedo volve ao Ensino
Formouse nas categorías inferiores do Cidade de Lugo e do Estudiantes
Estivo os últimos catro anos na Universidade Robert Morris da NCAA
Arquivo FEB
G24.gal
14/06/2022 20:26
Esther Castedo volve ao Ensino. Castedo, que se formou na canteira do Cidade de Lugo e do Estudiantes e que xa estivera no Ensino na temporada 2017-18, regresa con vinte e un anos, logo de marchar hai catro á Universidade Robert Morris de Pensilvania.
Internacional por España nas categorías de base, mediou 10,7 puntos, 2,9 asistencias e 3,5 rebotes na última temporada.