Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esténdese a rutina da comprobación ante a proliferación de billetes de 20 euros falsos

Esténdese a rutina da comprobación ante a proliferación de billetes de 20 euros falsos

A pesar de non ser un dos de máis valor, o billete de 20 é o máis utilizado para estes enganos

O aumento do uso dos billetes fraudulentos provoca un maior uso dos sistemas de detección 

Comprobación da autenticidade dun billete de 20 euros co método do marcado con rotulador específico
G24.gal 10/06/2025 14:09

A fraude dos billetes falsos adoita ser un método de engano que acostuma ter unha fácil e rápida detección por parte dos establecementos. Con todo, moitas veces pásanse por alto estes sistemas de comprobación, o que xera unha oportunidade para os estafadores. 

Este engano, pódese pensar que pode utilizarse con billetes altos, mais o favorito polos estafadores é o de 20. Ao tratarse dun billete que non é moi grande pode coar, sobre todo en ambientes de alto estrés dos traballadores. 

Os días de moito movemento nos comercios, hai a posibilidade de que alguén pague cun billete falso de 20, un entorno onde o estafador soe saírse coa súa. Ante isto e trampas parecidas imponse a prevención de quen cobra, que é a medida máis fiable para contrarrestar estes casos.

"Billetes falsos como tal? Neste momento nós traballamos co rotulador de detección, porque se nota que está no ambiente. Intentan vir pagar unha consumición que non exceda do euro cun billete de 20 ou de 50, como xa tentaron xogárnola co tema das voltas a nosa rutina é permanecer co diñeiro na man ata que damos o cambio", explica Maribel Fernández, xerente de Village Bakery.

Noutra cafetaría tamén do centro de Vilagarcía, o camareiro detectou unha textura rara no billete de vinte e co rotulador confirmou que non era de curso legal e rexeitouno. A parella que pretendía pagar así a consumición tivo que botar man do moedeiro legal. Ante estes casos, o uso do rotulador de comprobación vaise estendendo cos billetes de vinte e mesmo de dez.

"Nós", di Alberto Rey, empregado do estanco da praza de Galicia, di: "Usamos o rotulador se notamos algo raro ao coller o billete, pero de momento non notamos nada raro neste sentido".

Hai falsificacións que saltan á vista ou ao tacto, pero para detectar as máis logradas resulta eficaz a rutina de pasar os billetes por algún dos sistemas de comprobación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade