Cargando resultados...
Este martes retirarán o corpo da balea de 21 metros que apareceu aboiando na Coruña
O cetáceo ten 21 metros de longo e pesa 30 toneladas
G24.gal
15/12/2025 20:20
Un grande operativo sacará este martes do porto da Coruña o corpo dunha balea de 30 toneladas de peso. Os traballos poranse en marcha a partir das 9 da mañá na rampla do peirao de Oza.
O cetáceo apareceu aboiando sen vida o pasado sábado fronte ao monte de San Pedro.
O animal foi trasladado a porto porque, cos seus 21 metros de longo e co seu peso, supoñía un problema para a navegación.