Este ano santo 2022 bate marcas na peregrinación a Compostela
A día de hoxe seláronse máis de 254.000 compostelas
Nunha semana podería superarse a cifra total do xacobeo 2010
Na oficina do peregrino tamén contan con mellorar os datos de 2019
A día de hoxe, no que vai desde ano santo 2022, na oficina do peregrino de Santiago seláronse máis de 254.000 compostelas. Son só 18.000 menos que en todo o xacobeo 2010, polo que esperan superar as cifras daquel ano en moi pouco tempo.
"Cremos que nunha semana, como moito oito días, nove"
Na oficina contan tamén con mellorar os datos de 2019, cando se fixo marca con máis de 343.000 compostelas.
"Chegar ás 400.000 vai ser complicado pero superar a cifra, segurísimo"
Os peregrinos reincidentes están a notar o incremento de camiñantes, basicamente nos últimos cen quilómetros do percorrido. Algúns tratan de salvar os inconvenientes madrugando máis.
Nestes meses do verán chegan a Santiago máis españois que estranxeiros, que son maioría no resto do ano, e abundan sobre todo peregrinos en grupo ou en familia.