Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estafas na compravenda de vehículos estarían detrás do crime do pozo do Porriño

Estafas na compravenda de vehículos estarían detrás do crime do pozo do Porriño

A Garda Civil conseguiu reconstruír os últimos movementos realizados polo falecido, que foi identificado a través de probas de ADN

EP 28/12/2022 16:17

A Garda Civil concluíu que o motivo do homicidio do pozo do Porriño podería estar relacionado con estafas que supostamente a vítima realizaba no sector da compravenda de vehículos.

Así o sinalou a Benemérita nun comunicado logo das actuacións practicadas para tratar de esclarecer os feitos, despois de que en febreiro de 2021 aparecese o corpo sen vida dun cidadán portugués nun pozo da localidade.

Tras identificar a vítima o pasado mes de abril, a investigación, tutelada polo Xulgado de Instrución número 3 do Porriño, conseguiu reconstruír os últimos movementos coñecidos realizados polo falecido.  

Así se determinou que desaparecera o día 13 de outubro de 2018 en Vigo. Despois identificouse aos supostos autores materiais do suceso, polo que a semana pasado cinco persoas foron detidas.

Delas, dúas foron postas en liberdade xa en sede policial e tres pasaron a disposición xudicial, decretándose o ingreso en prisión de dous homes e quedando un terceiro en liberdade, os tres investigados polos delitos de homicidio e detención ilegal.

O corpo foi atopado por un empregado dunha empresa de limpeza, que ía realizar uns traballos nunha nave, en febreiro do ano pasado. O cadáver estaba moi deteriorado e, xunto a el, que tiña sinais de violencia, atopáronse tamén as chaves dun vehículo antigo marca Renault e unha chave convencional, así como moedas acuñadas en Portugal.

Os métodos de estudo xenético non permitiron a identificación do home, polo que se recorreu a esas técnicas de antropoloxía forense. Os expertos concluíron que o falecemento se produciu entre 2017 e 2020, e que o corpo pertencía a un home de entre 30 e 40 anos, de 1,75 metros aproximadamente de estatura, e de complexión forte.

A identificación do corpo foi posible grazas á difusión dun retrato robot, que foi visto pola nai do falecido, recoñecemento que podería tratarse do seu fillo. Finalmente, tras realizar probas de ADN, o resultado foi positivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade