Esta é a listaxe de estudantes aprobados na ABAU 2022
Esta é a listaxe de estudantes aprobados na ABAU 2022
Aprobou case o 93 % dos presentados á parte obrigatoria da proba
Ábrese agora un período de revisión dos exames; as notas definitivas sairán o 23 de xuño

Os alumnos galegos que se presentaron a ABAU coñeceron este serán as súas cualificacións. Máis do noventa por cento recibiron boas novas.
Dos 12.529 estudantes galegos presentáronse á ABAU e máis do 92 por cento superaron a proba.
Consulta aquí a táboa de aprobados:
Comeza o período de revisións
Superado o medo a non salvar esta proba e coa realidade das notas na man, ás doce desta noite, ábrese un proceso de revisión para os que non estean conformes coas cualificacións obtidas.
Os alumnos que o desexen poden solicitar esta revisión dos seus exames e as notas definitivas faranse públicas o día 23 de xuño. Porén, tres días antes abrirase o prazo de preinscrición na universidade.
O proceso de preinscrición comezará o martes día 21 e estenderase ata o 30 de xuño.