Publicador de contidos

Publicador de contidos

Espectacular remonta do Liceo, que leva o primeiro partido contra o Noia

Espectacular remonta do Liceo, que leva o primeiro partido contra o Noia

Chegou a ir perdendo por 2-4 no treito final da primeira parte, pero acabou gañando (6-5)

Fundamental o acerto de Marc Grau e Dava Torres

G24.gal 28/05/2022 11:31

O Deportivo Liceo levou o primeiro partido da eliminatoria contra o Noia cun apertado triunfo por 6-5 cunha gran remonta no treito final da primeira metade e o inicio do segundo tempo. 

Os dous equipos comezaron dando golpes atinados, sempre co Noia en vantaxe, pero co Liceo seguindo a súa estela. Mediado o primeiro tempo o resultado era de 2-2 con goles de Carballeira e Marc Grau para os liceístas e de Pujadas e Jordi Bargalló para os cataláns. 

O exxogador do Liceo Bargalló demostrou a súa calidade anotando o terceiro e cuarto goles para o Noia que poñían nunha situación complicada aos locais. Pero no intre de maior dificultade apareceron Dava Torres e Marc Grau para darlle a volta ao resultado e deixar un 5-4 con 19 minutos por diante. 

A pouco do final Álex Rodríguez deu tranquilidade co sexto gol. O Noia presionou cun último tanto de Xavi Costa pero o triunfo quedou na Coruña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade