Cargando resultados...
Espectacular persecución a un pai de Vilaboa ás portas da escola infantil
O home, de 47 anos, foi detido vinte minutos despois
G24.gal
14/10/2025 13:59
Espectacular persecución e detención a un pai ás portas dunha escola infantil e da parada do bus escolar en Vilaboa. O home de 47 anos e con antecedentes policiais intentou zafarse do seguimento da Garda Civil cunha perigosa fuxida, pero finalmente foi detido logo de fuxir tamén da parada do bus escolar.
Segundo algúns veciños os feitos débense a problemas pola custodia da filla que aínda non foi determinada por un xuíz. Logo de incrementar o operativo tras unha fuxida de vinte minutos o home foi detido e tras pasar polo xulgado de Cangas quedou en liberdade con cargos.