Cargando resultados...
Espectacular día de praia nas Rías Baixas
Con 23 graos, moitos bañáronse en areais como Samil
As máximas en Vigo acadaron os 23 graos
G24.gal
24/04/2025 19:36
Última actualización 24/04/2025 20:12
Os máis afortunados gozaron da que podería ser a última tarde de praia da semana. As máximas en Vigo acadaron os 23 graos e foron moitos os que aproveitaron para bañárense en praias como Samil ou na Lanzada.
Para este venres prevese un día inestable de máximas e mínimas que baixarán uns tres graos nas Rías Baixas e hai algo de risco de precipitacións.