A empresa galega Netum Solutions produce balizas lumínicas de terceira xeración con conectividade e GPS
A empresa galega Netum Solutions produce balizas lumínicas de terceira xeración con conectividade e GPS
En algo menos de catro meses os triángulos de emerxencia xa non servirán para alertar dunha avaría e todos os coches estarán obrigados a levar unha baliza lumínica homologada, con conectividade e GPS
A UCO, a Organización dos Consumidores e Usuarios, a advirte de que moitas das que se están vendendo no mercado español non cumpren cos requisitos da DXT
O anexo do Real Decreto 2822/1998 aprobado polo Goberno e que regula as novas medidas de auxilio nas estradas esixe que as balizas teñan xeolocalización e conexión automática coa DXT. Así que a partir do 1 de xaneiro soamente van servir as luces con esa conectividade e de levar outras a multa será de 80 euros.
A empresa tecnolóxica galega NETUM Solutions, con sede social en Vigo, foi a que creou o primeiro prototipo de baliza lumínica co asesoramento de dous gardas civís, tamén galegos, que viron a necesidade de indicar deste xeito as avarías nas estradas. Esta foi a primeira luz comercializada en España e dez anos despois daquela patente orixinaria hoxe están vendendo unha baliza V.16 de segunda xeración válida e homologada.
Diante daquel primeiro proxecto un dos dous gardas civís que tiveron a idea da luz indicadora de avarías, tras ver as cifras de condutores ou acompañantes falecidos no momento de colocar os triángulos, fálannos da Help Flash plus de terceira xeración. Netum Solutions, tecnolóxica á que lle venderon a súa idea, leva xa creados tres modelos de balizas lumínicas, os dous últimos con GPS e conectividade coa DXT, dobre requisito para que teñan validez.
"Entre os 40 e os 50 euros están practicamente o 99% das balizas á venda no mercado que son homologadas. Que a xente se fixe moito en que teñan conectividade coa DXT. Efectivamente que poña na caixa que é unha baliza conectada. As anteriores analóxicas xa non nos valen para agora. Esta luz é anónima completamente. En ningún momento a DXT coñece a matrícula do vehículo nin ten ningunha información máis de que unha baliza se acendeu nese lugar. Non hai perigo ningún a que a DXT veña con ningunha maldade de nos denunciar, nin moito menos... todo o contrario", conta a TVG Jorge Costas, cofundador da baliza Help Flash.
En función das súas vendas e tamén das doutras empresas que comercializan balizas homologadas, nin sequera o 20% do parque español, de máis 30 millóns de coches, dispón destes dispositivos a catro meses de que sexan obrigatorios.
Esta empresa de Vigo NETUM Solutions é a que lidera o mercado español en vendas e na capacidade de produción desta balizas lumínicas.