Publicador de contidos

Publicador de contidos

España xogará a final do Europeo de baloncesto

España xogará a final do Europeo de baloncesto

Sorprendeu a Alemaña na súa casa e, contra todo prognóstico, enfrontarase á selección francesa á procura do título

G24.gal 17/09/2022 08:19

Ninguén daba un euro pola selección española para este Eurobásket. As enquisas previas dábana, como moito, como un equipo que podía chegar aos cuartos de final. Multitude de baixas e xogadores históricos que deixaron o equipo era unha combinación demasiado pesada como parar soñar cun éxito. 

Pero o equipo de Scariolo deulle a volta a todo prognóstico e sorprendeu a Alemaña na súa casa (96-91) para meterse na final. E iso que houbo momentos críticos como un parcial de 14-0 a prol dos alemán ao final do segundo cuarto grazas ao que se foron con vantaxe no descanso (46-51). 

Ou o intre do terceiro cuarto no que se puxeron dez abaixo (61-71) co público emborcado. No cuarto decisivo chegou o momento de España que, cun 13-0 collía o mando do partido (83-77) e xa non o soltaría. 

Outra vez Brown (29 puntos) e Willy Hernangómez (16) foron os máis destacados dunha selección que, máis ca nunca, é un equipo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade