Publicador de contidos

Publicador de contidos

España volve medirse a Ucraína á procura da final no Europeo sub-21

España volve medirse a Ucraína á procura da final no Europeo sub-21

Na fase de grupos o resultado entre os dous equipos foi de empate a dous

G24.gal 04/07/2023 21:22

España e Ucraína mediranse por segunda vez en oito días. Esta vez por un posto na final do Europeo. O obxectivo inicial, a clasificacion para París, xa está conseguido.

No duelo anterior, as dúas seleccións realizaron rotacións xerais ao teren certificado o paso á seguinte rolda. Santi Denia fixo dez cambios daquela. Ucraína recupera agora a Mudryk, clave ante Francia. O seleccionador español, que ten os 23 xogadores dispoñibles, non dá pistas sobre o once.

A selección ucraína tamén ten garantida a súa presenza nos Xogos Olímpicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade