Publicador de contidos

Publicador de contidos

España gáñalle a Lituania na prórroga e métese nos cuartos do Eurobásket

España gáñalle a Lituania na prórroga e métese nos cuartos do Eurobásket

Gran partido de Lorenzo Brown con 28 puntos e 8 asistencias

G24.gal 11/09/2022 10:00

A selección española meteuse nos cuartos de final do Eurobásket nun agónico partido diante de Lituania decidido na prórroga. O base Lorenzo Brown, nacionalizado contra o reloxo para a cita, foi o factor determinante con 28 puntos e 8 asistencias. 

Durante moitos minutos, a selección de Scariolo foi a remolque dos lituanos, que chegaron a manexar vantaxes de dez puntos no terceiro cuarto. Pero España nunca lle perdeu a cara ao partido e estivo a piques de gañar no tempo regulamentario. 

Lituania levou o partido á prórroga grazas a un palmeo de Brazdeikis, pero neses cinco minutos Brown encargouse de resolver a eliminatoria cunha dirección de xogo maxistral e anotando nos momentos decisivos. 

ESPAÑA: Brown (28), Jaime Fernández (-), López-Arostegui (4), Pradilla (2), Willy Hernangómez (21) -cinco inicial-, Rudy Fernández (13), Juancho Hernangómez (13), Díaz (8), Brizuela (5), Garuba (8), Parra (-), e Saiz (-).

LITUANIA: Jokubaitis (13), Grigonis (8), Giedraitis (-), Valanciunas (5), Sabonis (15) -cinco inicial-, Brazdeikis (17), Butkevicius (3), Kuzminskas (18), Lekavicius (15) e Echodas (-).

Parciais: 19-20, 21-25, 23-23, 20-15 e 19-11.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade