Publicador de contidos

Publicador de contidos

España, entre os países europeos onde hai máis reclamacións de consumo

España, entre os países europeos onde hai máis reclamacións de consumo

Os consumidores protestan cada vez máis

Despois das alemás, as empresas españolas son, dentro da UE, as que reciben máis queixas de consumo

Os españois están entre os cidadáns da UE que máis reclamacións presentan en Consumo
G24.gal 21/08/2023 15:03

"Eu reclamo, reclamo e pido os cartos de volta, nin máis nin menos", comenta unha señora.

Reclamar é un dereito, pero non todos os consumidores pensan que sexa o mellor camiño.

"Non adoito facer reclamacións", apunta outra.

"A maioría das veces creo que caen en saco roto que non serve de moito reclamar e que tardan un tempo superior ao que ti agardas, entón ao final non serve de nada", indica unha rapaza nova.

"Méteste nun labirinto que non sabes cando vai rematar e se vai chegar a bo porto para ti, ao mellor sáeche logo máis caro reclamar", conta un señor.

"Preséntase sempre como algo moi longo e non moi doado de facer, e moitas veces é doado, é cuestión de poñerse", fala un rapaz.

 "De feito eu vou á oficina de Consumo e xa fixen tres reclamacións de Movistar e devolvéronme os cartos".

Segundo datos facilitados polo Centro Europeo do Consumidor, un organismo que depende do ministerio, cada vez son máis os españois que se animan a facer valer os seus dereitos. Por sectores, o transporte aéreo recibe unha de cada cinco queixas.

"Eu creo que a maior cantidade de reclamacións que fixen foi aí e funciona fatal, ou sexa grandes corporacións españolas de compañías aéreas, de reclamar en non contestar en dous meses, iso fatal e despois moitas veces, electricidade, auga, teléfono, servizos básicos", denuncia unha moza.

Dende xuño, o Ministerio de Consumo puxo a disposición da cidadanía unha caixa de correos en liña para atender denuncias por infraccións masivas para non atascar aínda máis os xulgados.

 "Creo que se nós fixeramos a nosa parte de defendernos primeiro, loitar polos nosos dereitos isto iría mellor, bastante mellor", sentenza unha muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade