Publicador de contidos

Publicador de contidos

A N-640 ao seu paso por Vilagarcía pide a gritos unha reforma integral

A N-640 ao seu paso por Vilagarcía pide a gritos unha reforma integral

Os veciños están molestos ante a deterioración do pavimento da Nacional ao seu paso polo centro da vila

Contabilizan unhas trinta fochancas nun tramo de 228 metros

Unha fochanca tras outra
G24.gal 12/05/2025 15:19

Non é unha, nin dúas, nin tres. Ata 30 fochancas contaron os veciños que hai no tramo urbano polo que discorre a N-640 en Vilagarcía. O malestar é notorio.

"Hai aí, por aí, por alí, isto é un desastre, eu non sei".

"Fatal, horrible, a verdade pasar por aquí é un suplicio".

"Xa non é o primeiro que deixa os tapacubos na estrada polas fochancas que hai".

"E tes que esquivar e moitas veces a xente tamén cruza e é horrible", comentan varios veciños de Vilagarcía.

Molestos os condutores, pero tamén os peóns.

"Pasan os coches a toda velocidade e póñennos perdidos", apunta unha muller.

As queixas tamén chegan dos comerciantes situados ao pé da estrada.

 "Estamos todos os días limpando os cristais porque están sempre sucios por salpicaduras e ademais os clientes cando entran e saen móllanse e nós", conta a propietaria dunha clínica veterinaria.

"A estrada hai moito que non a arranxan. Metéronlle así un pouco de piche e tira para adiante".

En espera está a execución dun proxecto de humanización neste tramo urbano da nacional que depende do Ministerio de Fomento. O inicio das obras estaba previsto para hai máis dun ano.  Nestes momentos é unha das estradas que máis tráfico soporta.

 "Sobre todo o tramo entre Carril e Vilagarcía ten moitísimo tráfico".

"En vez de coller a circunvalación moitos coches veñen por aquí, e camións entón aínda que a arranxen cada dous por tres está mal".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade