Publicador de contidos

Publicador de contidos

España cae 69-74 ante Letonia e precisa derrotar a Canadá para pasar a cuartos

España cae 69-74 ante Letonia e precisa derrotar a Canadá para pasar a cuartos

Rudy Fernández confirmouse como o español con máis internacionalidades

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 01/09/2023 13:51 Última actualización 01/09/2023 17:56

España non puido coa combativa Letonia (69-74), unha das revelacións do campionato, neste primeiro duelo da segunda fase de grupos do Mundial, un choque no que chegou a gozar dunha vantaxe de 11 puntos ao comezo de último cuarto e en que complica excesivamente o acceder aos cuartos de final.

Rudy Fernández confirmouse como o español con máis internacionalidades (254)

Unha das grandes sorpresas foi a derrota do Canadá ante Brasil. Agora, os de Scariolo estarán en cuartos se derrotan aos norteamericanos.

España 69 (16+16+26+11): Willy Hernangómez (14), Victor Claver (4), Sergio Llull (5), Juancho Hernangómez (9), Alberto Díaz (3) -equipo inicial- Rudy Fernández (5), Álex Abrines (5), Santi Aldama (2), Darío Brizuela (11), Alberto Díaz (3), Usman Garuba (11), Juan Núñez (0).

Letonia 74 (17+12+18+27): Arturs Zagars (7), Davis Bertans (16), Rodions Kurucs (13), Rolands Smits (11), Arturs Kurucs (1) -equipo inicial- Klavs Cavars (0), Aigars Skele (2), Andrejs Grazulis (11), Anzejs Pasecniks (-), Kristers Zoriks (11), Arturs Strautins(2)

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade