Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido grave tras esnafrar o coche que conducía contra o tanatorio de Carballo

Ferido grave tras esnafrar o coche que conducía contra o tanatorio de Carballo

Os propietarios do tanatorio, que tamén xestionan o servizo de ambulancias, colocaron un dos vehículos diante do furado á espera de poder arranxalo

O coche impactou contra a fachada lateral do tanatorio de Carballo
G24.gal 17/02/2025 13:36

O coche viña da estrada da Laracha dirección Carballo, atravesou a rotonda en liña recta e acabou impactando coa fachada lateral do tanatorio situado na avenida de Bértoa. O condutor, un veciño de Santa Comba de 53 anos quedou ferido grave.

Testemuñas do accidente aseguran que o home viña facendo adiantamentos indebidos e a gran velocidade antes do accidente. Malia o paradoxo de esnafrarse contra un tanatorio, os veciños da zona aseguran que a sorte estivo de cara, porque a traxedia puido ser maior. O paseo e o carril bici que o coche atravesou na súa traxectoria errática ata impactar coa parede, adoitan estar moi transitados por nenos e maiores.

Os propietarios do tanatorio, que tamén xestionan o servizo de ambulancias, situaron un dos vehículos diante do furado á espera de poder arranxalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade