Cargando resultados...
Os veciños de Suevos, en Arteixo, esixen melloras na seguridade viaria para evitar unha desgraza
Non desbotan mobilizarse e cortar o tráfico se non lles achegan melloras urxentes
G24.gal
06/05/2022 14:07
Con medo a seren atropelados. Así saen os veciños de Suevos, en Arteixo, das súas casas. E din que son poucos os condutores que respectan o límite de velocidade de 40 quilómetros por hora.
Quéixanse tamén da falta de beirarrúas porque, amais, esta estrada, que pertence á rede viaria da Deputación da Coruña, sofre un importante tránsito do camións.
Aseguran que todos os días temen pola súa integridade física. Así que, unha vez máis, esixen melloras na seguridade viaria.
Din que están a piques de esgotar a paciencia e non desbotan medidas de presión. O que teñen claro é que non van permanecer cos brazos cruzados.