Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escolares de Ourense amosan a súa visión artística das violencias contra as mulleres nunha exposición

Escolares de Ourense amosan a súa visión artística das violencias contra as mulleres nunha exposición

Co gallo do 25N a mostra pode verse ata o vindeiro día 10 de decembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense

Participaron un cento de alumnos e alumnas dos centros escolares da provincia

Dúas alumnas de Primaria e Secundaria do Colexio Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle quedaron primeiras no concurso Únete. Eu non calo ante a violencia de xénero

G24.gal 20/11/2024 21:35

Un cento de escolares de toda a provincia de Ourense presentaron os seus debuxos na primeira edición do concurso Eu non calo ante a violencia de xénero. Agora con motivo do 25-N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, os mellores traballos poden verse nunha exposición no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.

Sete dos mellores traballos pertencen ao alumnado do Colexio Plurlingüe Padre Feijóo, na cidade de Ourense. 

A súa ollada sobre un grave problema social é agora unha exposición.  A mostra interactiva a través de códigos QR pode verse ata o vindeiro 10 de decembro

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade