Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escolares de Lugo achéganse o traballo da Garda Civil nunha exhibición das súas unidades

Escolares de Lugo achéganse o traballo da Garda Civil nunha exhibición das súas unidades

Os pequenos puideron ver a busca dunha persoa coa unidade canina, vestir o traxe de neopreno dos GEAS ou subiren aos vehículos dos axentes

G24.gal 22/05/2025 14:29

Un dos cans que ten a Unidade Cinolóxica da Garda Civil guiado por unha axente amosa como busca persoas e nas redadas, drogas. Este xoves traballaron ante un público moi especial, 400 escolares que ademais puideron ver o robot que desactiva explosivos ou a científica identificando pegadas. Os máis pequenos descubriron que os axentes non só atrapan os malos.

"Conteilles o caso da balea que salvamos xunto á Torre de Hércules, estaba atrapada nas nasas, e conseguimos salvala que estaba moi cansa", explica o axente do GEAS, David Redondo. 

A exhibición é unha maneira de achegar os máis pequenos ao traballo das distintas unidades da Garda Civil. 

"Coñecer as distintas unidades da Garda Civil tanto as que traballan no ámbito rural coma no urbano, e quen sabe se despertamos algunha vocación", asegura o coronel xefe da Comandancia de Lugo, Luis Germán Avilés. 

Os nenos aprenderon vendo, tocando e probando. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade