Cargando resultados...
Atraca un banco en Melide e leva 4.000 euros
O ladrón entrou na sucursal de Caixabank armado e a cara descuberta
A Garda Civil mantén aberta a investigación para localizalo

Antón Montero
19/05/2025 20:37
Última actualización 19/05/2025 20:50
Un home atracou unha sucursal de Caixabank en Melide. Foi ás dúas menos dez da tarde.
O atracador entrou armado e coa cara descuberta nunha oficina bancaria situada na rúa Alexandre Bóveda portando unha arma que polo momento se descoñece se era real ou simulada.
Esixiulles aos empregados os cartos que había na caixa e marchou cun botín duns 4.000 euros.
Tras producirse o roubo, un equipo da Policía Xudicial da Garda Civil de Santiago fíxose cargo da investigación e trata de identificar e localizar o presunto autor, que cren que se deu á fuga nun vehículo.