Publicador de contidos

Publicador de contidos

Roubo a cara descuberta e a plena luz do día na Coruña

Roubo a cara descuberta e a plena luz do día na Coruña

O ladrón foi directamente por un libro exposto fronte á porta

O propietario do negocio advirte da impunidade coa que actúan nos últimos anos os delicuentes

G24.gal 22/05/2025 14:01

A plena luz do día e a cara descuberta. Así como ven se rexistraba nas últimas horas un novo roubo nunha librería da Coruña situada no barrio de Catro Camiños.

O ladrón foi directamente por un libro exposto fronte á porta, intercambiou unhas palabras coa dependenta e, para sorpresa desta, saíu de novo sen facer sequera ademán de pagar.

O propietario do negocio advirte da impunidade coa que actúan nos últimos anos os delicuentes e demanda un incremento real da seguridade na rúa para protexer o pequeno comercio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade