Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido por roubar e agredir un home de 71 anos e lanzalo ao río no Porriño

Detido por roubar e agredir un home de 71 anos e lanzalo ao río no Porriño

Deixouno en estado de shock, rouboulle 150 euros, un teléfono móbil e documentación persoal, e despois lanzouno ao río

O detido foi posto ao dispor do Xulgado de Garda do Porriño, que decretou a súa liberdade cunha orde de afastamento

G24.gal 19/05/2025 17:35 Última actualización 21/05/2025 14:52

Sorte dun dos moitos paseantes e deportistas que andaba polo paseo do Louro, e que se tirou por el.

"Facía a ruta, como fago eu todos os días, e déronlle bastante golpe e caeu ao río", explica unha habitual do paseo.

O agresor levoulle os cartos, uns 150 euros, o móbil e a documentación. Non tardaron en detelo porque o Araña é moi coñecido na vila, e non por ben. Aos seus 42 anos ten un historial cargado de agresións, roubos con forza e outros delitos violentos. Aínda así, a rumoroloxía disparouse. Hai quen apunta a unha agresión deste delincuente, pero tamén se comenta que agresor e vítima tiñan contas pendentes. 
Francisco Quintas, coñecido por todos como Paco, ten 71 anos e é empresario de hostalería e tamén estivo metido na política local. 
Como fora, o medo é libre.

"Levei susto porque eu paseo por aquí todos os días coa cadela e vou soa, mesmo á noitiña, e non podo ir segura".

"Normalmente vou soa pero agora non irei tan tranquila" .

A agresión a Paco reavivou un suceso similar do ano pasado, non no paseo, pero si moi preto. 

"A unha familiar tamén a tiraron por un terraplén, por catro euros. Eu saio a camiar pero xa non levo ouro nin nada de valor".

Quen non cambiou rutinas é Francisco Quintas, que hoxe volvía estar facendo a súa ruta diaria do colesterol. O agresor xa está na rúa, cunha orde de afastamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade