Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escaseza de lamprea no Ulla pola falta de choiva

Escaseza de lamprea no Ulla pola falta de choiva

Os baleiros están a pescar uns 20 exemplares ao día

O prezo dos exemplares grandes é de 40 euros

G24.gal 14/01/2022 13:40

A lamprea non é un peixe bonito de ver, pero para moitos é un manxar, de aí que sexa un produto moi demandado polos locais de hostalería. No Ulla, a campaña comezou hai algo máis de 10 días, pero polo momento os baleiros non están moi contentos; din que as capturas son escasas.

Pepe Barreiro, membro da confraría de pescadores do Carril, di que as sete embarcacións que están a traballar estes días no Ulla capturan uns 20 exemplares ao día.

Atribúen esta escaseza á falla de precipitacións. Din que o Ulla leva menos caudal que outros anos e isto dificulta a captura dos exemplares que remontan o río.

A escaseza e a elevada demanda están a converter a lamprea nun produto de luxo. O primeiro exemplar, pescado o 6 de xaneiro, vendeuse por 180 euros. Agora mesmo as pezas de quilo e medio andan arredor dos 40 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar