Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escasa colleita de formigas na baixada da morena do luns borralleiro de Laza

Escasa colleita de formigas na baixada da morena do luns borralleiro de Laza

O martes despiden o Entroido co testamento do burro

Vivíronse momentos de euforia na chegada da morena e das formigas á Praza da Picota
G24.gal 12/02/2024 21:17 Última actualización 12/02/2024 21:33

Non cabía unha soa persoa máis para recibir a morena e as formigas na praza da Picota de Laza. O luns borralleiro honra un ano máis o seu nome. Aquí choveu de todo.

"Este non é un Entroido para vir con traxes elaborados nin carrozas. Para iso hai outros"

Os centos e centos de locais e visitantes pasaron dos farrapos enlamados a intentar zafar da fariña, cinsa, toxos e couceiros do séquito da morena. Case todo vale. Ninguén logra saír limpo nin o pretende.

"Hai que vir coa peor roupa que teñas e sen medo ás formigas nin á fariña".

Este ano porén, escaseou a colleita de formigas.
 

"Despois de trinta anos, sen formigas. Foron poucas porque os xabarís acaban cos formigueiros todos".

A morena, a vaca de madeira que amola sobre todo as mulleres, simboliza a chegada da primavera, e co seu anuncio a alegría desborda a praza.
 

"É bonito estar, aínda que só veñas a sentir como soan as chocas dos peliqueiros ou os bombos ou ver como botan lume pola boca os demos".

Horas antes, neste mesmo lugar e seguramente coa maior parte dos entroideiros da tarde, voaron farrapos ben empapados e pegañentos de lama na batalla máis sucia, un todos contra todos non apto para escrupulosos.
 

"Moi divertido. Acabei a primeira na bañeira de lama".

Os maragatos e a xitanada dos burros completaron un luns borralleiro en que resoaron con forza e fachenda as chocas dos peliqueiros na antesala do día máis triste, o martes, en que a pequena aldea de Laza despide o seu multitudinario Entroido.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar