Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dinamita, por cuarta vez, o burro máis rápido en Escairón

Dinamita, por cuarta vez, o burro máis rápido en Escairón

A vila do Saviñao celebrou a súa popular carreira de burros, das poucas que hai en Galicia

A proba, que pecha as festas patronais, ten cada día ten máis seguidores

 

G24.gal 05/08/2025 14:19

Era o gran favorito e revalidou o título. Veloz e decidido Dinamita volveu ser a estrela da carreira popular de burros de Escairón. Por cuarta vez lidera o podio.

"Vimos desde que era pequeno, traballo duro, paciencia, adestrar todos os días", conta Sergio Freire, xinete de Dinamita, o burro campión da carreira.

Hoxe había máis xinetes que querían estrearse que burros, un camión cargado cunha ducia destes animais avariou. Unha carreira chea de momentos divertidos, con máis dunha caída e onde os animais son os que  marcan o ritmo.

 "Algúns corren como se non houbese un mañá e outros non queren correr", di unha muller.

As bancadas estaban cheas de xente animando. E entre o público tamén había quen se estreaba.

 "Vimos con ilusión, é a primeira vez", di un home.

E os máis veteranos.

 "Ver como monta xente nos burros e os que non teñen experiencia caen", explica un home.

Unha carreira que cada vez ten máis seguidores.

"Hai poucos sitios en Galicia que fagan unha carreira coma esta, ven moita xente, moitos anímanse a correr é unha tradición que debería gardarse porque todo o mundo o pasa ben", comenta Sara Wilmor, membro da organización.

Tradición e diversión no mellor peche para as festas da localidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade