Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home de 89 anos, ferido grave tras ser atacado polo seu propio can en Bande

Un home de 89 anos, ferido grave tras ser atacado polo seu propio can en Bande

Un veciño foi quen, ao escoitar os berros, de socorrelo e chamou ao 112

O home, de 89 anos, foi trasladado en helicóptero ata Vigo, onde o operaron de urxencia

Xa é a terceira vez que ocorre un ataque deste estilo por parte do can ao seu dono

G24.gal 18/08/2025 15:12

Un home de 89 anos foi atacado polo seu propio can no lugar de Vilameá, no concello de Bande. O home ía lavar o can e foi neste momento cando o can se tirou enriba del e comezou a atacalo directamente na cabeza. Un veciño escoitou o ruído e foi socorrelo. Cando logrou sacarllo de enriba, viu como o home tiña a cara completamente desfigurada. Visto isto, decidiu chamar ao 112 e o home acabou sendo trasladado, posteriormente, en helicóptero cara ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Os veciños deste lugar de Vilameá aseguran que é un can perigoso, que lle teñen medo e que xa é a terceira vez que pasa un ataque similar a este, os anteriores con consecuencias menores. O home, polo momento, segundo nos comentan, continúa estable na UCI despois de ser operado de urxencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar