Erik Quintela recrea para a TVG a canastra decisiva de Gran Canaria
O capitán foi o heroe dun triunfo que mantén as aspiracións de play off para o Breogán
A canastra decisiva de Erik Quintela nas Palmas é o resultado de moitas horas nesta cancha. A pista vermella, centro neurálxico do baloncesto de rúa lucense, onde os irmáns Quintela acodían diariamente a practicar e a competir.
Para amosar que o de Canarias non foi casualidade, Erik repetiu a acción ante o seu amigo Milo Vukcevic, ala pivote do Óbila Avila, co que se acababa de reencontrar. O escolta breoganista recoñece a influenza que tivo o baloncesto de rúa na xogada da vitoria.
Unha canastra que achega o Breogán o play off polo título, para o que segundo Erik fan falta: "Eu creo que con dúas vitorias sería complicado, teriamos que ter sorte nos basket average, pero creo que gañando tres partidos estariamos dentro".
O enceste serviu tamén para que Mahalbasic pedise con este xesto a súa renovación, algo que semella se vai producir nas vindeiras datas.