Publicador de contidos

Publicador de contidos

Erik Quintela anota a canastra do triunfo dun heroico Breogán

Erik Quintela anota a canastra do triunfo dun heroico Breogán

Sen Musa e sen Bell Haynes acadou unha incrible vitoria na pista de Gran Canaria (84-86)

G24.gal 01/05/2022 15:02

O Río Breogán logrou este mediodía un meritorio triunfo na pista do Gran Canaria. Superou a baixa de dous puntais como Bell Haynes e Musa e apuntou un triunfo que o mantén na pelexa polo playoff.

O Gran Canaria obtivo vantaxe no segundo e no terceiro cuarto pero o Breogán remontou no último. Salientou o extraordinario partido de Iván Cruz, con 22 puntos, ben apoiado por Kalinoski, que conseguiu 19. Unha canastra de Erik Quintela, a un segundo do final deulle un triunfo de moito mérito ao conxunto lucense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade