Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vaga de calor extrema para a fin de semana nas provincias do interior

Vaga de calor extrema para a fin de semana nas provincias do interior

A vaga de calor debese a entrada dunha masa de aire africano

Deixará temperaturas por riba dos 35 graos no interior da comunidade

G24.gal 20/05/2022 14:26 Última actualización 20/05/2022 14:44

Media mañá, e os termómetros xa superan os 30 graos en Ourense.

Ledicia para uns: "Esta temperatura é ideal".

Abafante para outros: "A min moléstame moito a calor, non me gusta a calor".

A cidade está a vivir un dos maios máis cálidos da súa historia. A semana pasada encadeaba varias xornadas rozando os 30 graos. O veciños veno "demasiado para este tempo", outro di "este ano adiantose bastante a calor"

E o peor aínda está por vir. O pico máximo deste episodio de calor extrema vivirase mañá. En Ourense, no interior de Lugo e no Baixo Miño as temperaturas dispáranse por riba dos 35 graos. Calor que se acompañará de treboadas. 

Hoxe o ascenso das temperaturas nótase máis no sur de Pontevedra. A praia de Samil foise enchendo desde  primeira hora da mañá. Os bañistas foron ocupando o areal para desfrutar dun día típico de verán. Tanto se están no sur de Galicia como se están máis ao fresco na Mariña e en Ortegal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade