Publicador de contidos

Publicador de contidos

Enxeñeira e tecedora: unha artesá do fío dá clases desde Ourense a todo o mundo

Enxeñeira e tecedora: unha artesá do fío dá clases desde Ourense a todo o mundo

Lola García dá clases en liña desde o seu negocio Hilokune

Este verán viaxa a Ecuador para impartir un curso 

G24.gal 27/04/2024 13:58 Última actualización 27/04/2024 14:50

Lola, enxeñeira e tecedora, combina as súas dúas habilidades principais á hora de crear prendas. Este chal, por exemplo, irá á feira do tecido de Sevilla para mostrar un prototipo de tintura de fíos.

Lola García, tecedora: "Traballamos por seccións de cor, entón hai que ter en conta desde a tensión do tecido á agulla coa que estás traballando para facer con certeza a sección de cor que precisamos para o desenvolvemento do debuxo".

Ela calceta, fai gancho, deseña e ensina. Ten alumnos presenciais e tamén online, polo mundo adiante, desde Europa a América. Traballan no taller, nos bares tomando unha caña e mesmo a bordo do catamarán da Ribeira Sacra. Un proxecto de terapia a través da costura ao que denominou Hilokune.

"Hilokune é un xogo de palabras: fío que une. Que a través do tecido a xente comparta momentos, preocupacións e que desfrute", explica.

Herdeira de familia de tecedores, recorda ter as agullas nas mans desde os seis anos e cre na capacidade do fío para tecer sociedades. Este verán, viaxa a Ecuador: "Estarei formando unha cooperativa de tecedoras, un proxecto de integración social".

Paseo da La

Aquí verémola tamén cedo, en xuño organiza o Paseo da La, na aldea rural de Couso Galán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade