Cargando resultados...
Ferido o condutor dun camión que envorcou na autoestrada AP-9 á altura de Santiago
O vehículo sufriu un rebentón e a carga quedou estrada pola vía

G24.gal
31/01/2025 17:37
Última actualización 31/01/2025 18:33
Un home quedou ferido ao envorcar o camión que conducía na AP-9 á altura do quilómetro 58, en Vilastrexe, Santiago de Compostela.
Segundo informa a DXT e o servizo de emerxencias, o incidente rexistrouse sobre as 15:00 horas, cando o vehículo sufriu o rebentón dunha roda, tras o que envorcou na estrada.
O camión perdeu a súa carga, ferralla metálica, que quedou tirada pola calzada.
Debido a este accidente producíronse importantes retencións na saída de Santiago de Compostela.