Publicador de contidos

Publicador de contidos

Enfesta respira aliviada polo achado dos restos de María Chico

Enfesta respira aliviada polo achado dos restos de María Chico

A autopsia confirmará a identidade, pero as pertenzas de María estaban no cadáver

Os restos apareceron no monte do Paraño
G24.gal 21/02/2022 13:55

Apareceu María Chico, desaparecida na parroquia da Enfesta, en Santiago. Falta a confirmación da autopsia, pero os obxectos que atoparon cos restos pertencen á muller que desapareceu en agosto do ano pasado.

Para chegar onde estaban os restos de María hai un longo treito de pistas de monte, e na mesma zona onde apareceron os restos xa nin camiño hai. Estaba sentada a carón dun eucalipto. Atopárona por casualidade e tiveron que fixarse ben porque non crían que fosen restos humanos. 

"Por aquí estaba un compañeiro noso con can ao rastro do xabaril e parece ser que viron algo. E no momento chegaron dúas mulleres e viron tamén o vulto. Primeiro pensaron se era un animal, pero tiña roupa. Achegáronse e viron que era a señora que estabamos buscando", afirma Xoán García un veciño de Enfesta.

"Ela cando viña aquí ao monte tíñalle medo. Ela era de pistas. Parece imposible", conta Jesús Leis, cuñada da finada.

María Chico desapareceu o sete de agosto no curto traxecto entre a casa dunha sobriña e en que estaba a pasar o verán. A muller sufría alzhéimer. Houbo un amplo operativo de busca que se mantivo durante días sen resultados.

"Non chegamos ben a ese sitio, pensábamos que non estaría alí. Nós andamos todo o que puidemos, íamos polas pistas, pero ese non. A beira si que estivemos, pero non estivemos moito por aí", conta Jesusa.

"Chamaron a un cuñado e cando veu preguntoulle o xuíz si tiñan algo para sabe se era ela. Díxolle que tiña un colar de ouro. O xuíz remexeu un pouco e atopouno ao momento e tamén tiña unha dentadura posta de ouro e tamén estaba aí", di García.

O home e toda a familia aínda non se puideron desprazar dende Alemaña, onde residen. Contan chegar o mércores á mañá a Santiago, día en que lle van entregar os restos de María. O día seguinte, o xoves, teñen previsto facer o funeral darlle sepultura despois de seis longos meses no panteón familiar da parroquia de San Cristovo de Enfesta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade