Cargando resultados...
Os traballadores do metal de Cádiz referendan o preacordo de patronal e sindicatos
O sector retoma a actividade tras nove días de folga
Industria felicítase do acordo para o novo convenio
G24.gal
25/11/2021 15:02
As asembleas sindicais ratificaron o preacordo, asinado onte tras dez horas de negociación e despois de nove días de folga. O novo convenio terá unha vixencia de tres anos e recolle subas salariais dun dous por cento ata 2024, con mecanismos de compensación do IPC. Empresarios e traballadores amósanse satisfeitos co resultado, e tamén a ministra de Industria celebra o acordo.
"Eu en primeira persoa traballei por ese consenso. Gañan todos, traballadores e empresarios, con este gran acordo", dixo a Ministra de Industria. Mentres que para CC. OO. "é o do peor que teño pasado nos últimos anos. Hai que saír á rúa, obrígante a saír".