Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nova normativa de seguridade para os ascensores entra en vigor en xullo

A nova normativa de seguridade para os ascensores entra en vigor en xullo

Adaptarse a ela pode supoñer un gasto de moitos miles de euros para as comunidades de veciños

G24.gal 23/04/2024 14:07

A norma xa foi aprobada polo Consello de Ministros a comezos do mes abril e ademais de regular as medidas que se deben cumprir á hora de poñer en marcha un ascensor, fai mención especial a aqueles que xa levan tempo funcionando. Porque segundo o dato máis recente que se coñece en España hai preto dun millón de ascensores e destes uns catrocentos mil levan máis de 30 anos en servizo. Con esta nova normativa o que se busca é garantir que sigan sendo seguros.

Segundo estimacións da Asociación Galega de Ascensores, a normativa que entrará en vigor o 1 de xullo afecta máis de 65.000 ascensores na nosa comunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade